¿Te interesa el Máster Universitario en Dirección e Innovación de la Cadena de Suministro?
Taller de presentación
PROGRAMA PRINCIPIA
Axudas para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i
Mércores, 8 de xuño - 10:00 h.
Sala IV do edificio Miralles
Campus Universitario de Vigo
O vindeiro mércores 8 de xuño, a Universidade de Vigo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza, na sala IV do edificio Miralles, o taller "Programa Principia. Axudas para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i", no que se presentarán os detalles deste novo instrumento de axudas, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Esta convocatoria, dotada con 3 millóns de euros, prevé fomentar a formalización de 300 novos empregos para persoal menor de 35 anos.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer aos grupos de investigación e titulados/doutorados universitarios, os requisitos e características deste programa de axudas, resolver as súas dúbidas e estabelecer un espazo de networking para o contacto entre profesionais e entidades, co obxectivo de estimular a contratación no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación en Galicia.
As persoas interesadas en asistir, deberán cubrir o seguinte formulario de inscrición
Programa:
10.00 h Apertura institucional.
10.15 h Charla coloquio: "PRINCIPIA, principais chaves da convocatoria de axudas".
11.30 h Peche do taller e despedida.
El miércoles 27 de mayo tendrá lugar la presentación de Máster Universitario en Dirección e Innovación de la Cadena de Suministro
Ver másTercer trabajo de una serie de 4 artículos centrados en detallar el impacto del COVID-19 en las operaciones de las diferentes industrias.
Ver másSe ofertará, para el próximo curso, un nuevo máster en la UVigo: Dirección e Innovación de la Cadena de Suministro
Ver másSegundo trabajo de una serie de 4 artículos centrados en detallar el impacto del COVID-19 en las operaciones de las diferentes industrias.
Ver más